(Pienso, hablando legalmente, que hay una razón muy sólida para enjuiciar a todo presidente norteamericano desde la segunda guerra mundial. Todos han sido francos criminales o han estado involucrados en serios crímenes de guerra.) Chomsky

Wednesday, May 11, 2011

E QUE DECIR?

Fuco Buxán:
"Despois de ver nas portadas dos periódicos a nova da “morte” de Bin Laden a causa da intervención Norteamericana en Pakistán cuia soberanía territorial vulnérase de pleno ; do enterramento no mar dun cadáver invisivel (¿con cemento nos pes?, podemos preguntarnos); despois de escoitar aos tertulianos asalariados corear a consigna paniaguada de que, eticamente, non é o correcto, mais que se ía facer cun personaxe coma este; despois de escoitar ao presidente Zapatero dicir que Bin Laden buscou este final e escoitar as risas dos congresistas cando Gaspar Llamazares replicoulle que o asasinato do líder de Al-Qaeda é un caso de terrorismo de estado... Tras isto unha rapaza de doce anos pregúntame:
-Por que non foi xulgado Bin Laden?
Evidentemente a rapaza coñece a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A ten de referencia á hora de falar de xustiza e dereitos fundamentais das persoas de todo o mundo, sexa quen sexa. Coñece tamén o artigo que se refire a que toda persoa ten dereito a un xuízo xusto, onde teña garantías para a súa defensa e a ser oída publicamente por un tribunal imparcial. Ela o sabe: é o que nos diferenza do 'Estado salvaxe', da 'Lei da Selva'...
Esas voces que a finais dos anos corenta intentaron unificar uns puntos onde todos atoparse, aquelas que pretendían que non se repetisen as barbaries cometidas na Segunda Guerra Mundial e que nunca máis se volvese a saír ás rúas a realizar celebracións funerarias tras unha masacre, coma no caso de Hiroshima e Nagasaki. Esas voces, o día do asasinato de Bin Laden, quedaron cunha afonía que nos fixo retroceder a toda a humanidade miles de anos, cara a xustiza máis primitiva, a do “ollo por ollo”.
Complicado o que respostar a esta rapaza, non pola resposta en si, senón por todo o que habería que explicar. Que dicirlle, cando dende a Casa Branca guiada polo Premio Nobel da Paz, comunícase que para conseguir a información utilizáronse torturas, moitas delas en Guantánamo, centro de reclusión e tortura en territorio cubano que simboliza todo o contrario ao que supón a palabra xustiza e que remítenos, sen paliativos, aos campos de concentración nazis. E isto en unha Cuba bloqueada no nome dos dereitos humanos... Fai falla cinismo e manipulación informativa....
“ O fin xustifica os medios”, tamén presente, é outra das mensaxes que circula, morto a morto, polos titulares referentes a conculcacións dos dereitos humanos e o dereito internacional en calquera parte onde poda executarse a rapiña, coa complicidade dos estados servos...
A confusión persegue aos cidadáns. Fai apenas unhas semanas argumentábase a intervención española en Libia por motivos humanitarios, pero agora nos perseguen as masacres que o goberno Sirio e Iemení efectúan cara á súa poboación, sen que o noso goberno levante a voz na defensa destes pobos .
É que vale menos a poboación Siria que a Libia? ou será que o petróleo Libio ten máis peso na decisión tomada por Occidente que calquera das persoas atacadas por Gadaffi?
A esperanza é que a lucidez e a inocencia que tivo esta rapaza sexa contaxiosa, pois o momento que vivimos é dobremente preocupante: Por unha parte os movementos da comunidade internacional, sempre guiados por intereses particulares,sen pensar nunca en intereses comúns, nin no benestar universal e por outra uns medios de comunicación de masas totalmente dobregados ao poder, sen valentía nin afán crítico.
Cumpre, no mesmo senso, preguntarnos o que a Historia falará destes novos tempos de terror e miseria. O que van a pensar o nosos netos cando os anais declárenos culpables de xenocidio continuado por parte dalgúns dirixentes, de silencio cómplice por parte da cidadanía...
Debemos preguntar hoxe a certa Esquerda qué agarda para selo, para recuperar o seu papel no mundo do Progreso e a Xustiza, facéndose merecedora, por fin do noso respecto...
Moito haberá que loitar polo elemental: para que dous máis dous sigan a ser catro e non vexamos a Democracia e a Paz convertidas nunha farsa sanguenta...

Miguel Castro Serantes e José Torregrosa Rodríguez
Directivos da A.C. Fuco Buxán

- Enviado mediante la barra Google"

No comments: