A web da Asociación Cultural Fuco Buxán - Inicio:
"por Mª Teresa Martínez Vilariño
Responsable da Área da Muller da A.C. Fuco Buxán
O 8 de marzo é un día para recordar, para agradecer e para unirnos a todas aquelas mulleres que seguen loitando, tras 100 anos, pola igualdade, pola xustiza e pola dignidade de todas nós.
Foi en 1911 cando se celebrou por primeira vez o Día Internacional da Muller Traballadora cunha reivindicación a favor do dereito ao voto, o dereito ao traballo e a non discriminación laboral.
Escolleuse a data do 8 de marzo para recordar os feitos acaecidos nese mesmo día de 1908, onde morreron calcinadas nun incendio provocado (ante a negativa de abandonar o encerro) 146 traballadoras na fábrica téxtil de Cotton, as cales protestaban polos baixos salarios e as insoportables condicións de traballo que padecían.
Son cen anos de loita pola igualdade, a xustiza e a dignidade como mulleres e traballadoras.
Unha labor que foi calando pouco a pouco na nosa sociedade, e aínda que nos falta moito polo que loitar, creemos que se deron pasos.
Pero non debemos esquecer que estamos vivindo unha grande crise económica e sobre todo social e ética, que está a afectar de xeito especial aos colectivos máis débiles. Xa temos algún exemplo visible: a reforma das pensións. Esta última afectará negativamente á clase traballadora, pero as mulleres sufrirano dun xeito especial, xa que son as que perciben as pensións máis baixas e con esta reforma verán como se reducirán máis ao ampliarse os períodos de referencia. Temos que pensar, que moitas mulleres, tiveron unha longa vida laboral, pero cunha cotización insuficiente por non ter contratos, ou por ter contratos a tempo parcial ou longas interrupcións a consecuencias da dedicación ao coidado da familia.
- Enviado mediante la barra Google"
hojas abiertas artefactos de tinta bombas de rabia gritos pintados con la ternura de los ojos estampados en la cara oculta del espectacular progreso lunas partidas para desnudar la mercaduria tiznada por las manos rotas añicos y astillas del dolor y restos intactos de la abundancia que nos idiotiza hasta matarnos de hambre.
Paginas
xuntos
(Pienso, hablando legalmente, que hay una razón muy sólida para enjuiciar a todo presidente norteamericano desde la segunda guerra mundial. Todos han sido francos criminales o han estado involucrados en serios crímenes de guerra.) Chomsky
No comments:
Post a Comment